Renovación integral

Renovación integral
09 de Setembro, 2024 - 06:22 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene inicia as obras de reurbanización da rúa Antonia Montero. As obras inclúen a renovación de infraestruturas clave como o saneamento e a rede eléctrica. O alcalde, Juventino Trigo, e o concelleiro de obras, Manuel Polo, supervisaron o comezo dos traballos, que se prolongarán durante catro meses. 

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, destacou que a actuación en marcha na rúa Antonia Montero é unha das obras máis destacadas que acomete o Concello este ano, pola mellora da rúa e pola súa importancia como vía de conexión para a estación de Perlío. Sinalou tamén que “malia que causará algunhas molestias temporais, os beneficios serán notábeis para toda a veciñanza”.

O proxecto de reurbanización da rúa Antonia Montero suporá a renovación da rede de saneamento de augas fecais e pluviais, a renovación do pavimento nas beirarrúas e a modernización da rede de alumeado público, segundo explicou o concelleiro de Obras, Manuel Polo.  Unha actuación integral que custará 172.400 euros. Financiase con cargo aos plans de obras da Deputación. As obras prolongaranse durante catro meses e afectarán temporalmente ás prazas de aparcadoiro, que se verán reducidas durante a execución dos traballos. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora