Reparto de puntos

Reparto de puntos
22 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños 1-1 Cedeira. O Maniños ocupa a sétima posición na Primeira Galicia de fútbol con corenta e oito. O Cedeira é o número doce con trinta e sete puntos. “Merecemos máis porque pouco a pouco fomos xerando ocasións. Na segunda metade eles marcaron o 0-1 nos primeiros minutos, pero nós tivemos moitas chegadas. Non se pode reprochar nada aos xogadores, porque en ningún momento houbo falta de tensión” indica o técnico do Maniños Adrián Martínez. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños Adrián Martinez:

http://173.255.131.18/audio/220424MARTINEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

O Maniños visita ao Boimorto na próxima xornada.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora