Reparto de puntos

Reparto de puntos
29 de Abril, 2025 - 01:39 h. | Publicada por Radio Fene

Reparto de puntos en Montrove (Oleiros) na Terceira Futgal. Unión Campestre 2-2 Perlío B. A catro xornadas para acabar a Liga, o Perlío B suma 33 puntos. Un partido “semellante a moitos fóra da casa”, di en Radio Fene o adestrador Gonzalo Beceiro.

ESCOITA O PODCAST:

“Descontento porque levamos moito sen gañar e contento porque son tres sen perder”, balance do adestrador do Perlío B. O equipo foi quen de remontar dous goles en contra ata acabar empatando na última xogada da primeira parte. E co mesmo resultado acabou o partido. “Os dous equipos pelexaron, pero despois eterno desconto quedou a cousa así”.

Deportes

Publica o teu comentario agora