Reparto de puntos sen goles no Pote

Reparto de puntos sen goles no Pote

22 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Tanto Maniños como Barallobre amosaron esta tarde no campo do Pote máis orde que estratexia e puntería. Ao remate o partido de rivalidade local da Segunda Autonómica de fútbol rematou con empate sen goles.

Houbo poucas ocasións de gol nuns 90 minutos sosos e sen ritmo. O Barallobre dispuxo dalgunha oportunidade, pero o porteiro Brage anulou o olfato goleador de "Chapu". "O Maniños non estivo no campo, intentouno pero sen logralo" afirma o técnico do Pote Angel Mahía, quen tamén se queixou das "continuas faltas do Barallobre que interrumpian continuamente o xogo, contando con certa permisividade do árbitro" afirmou

Deportes