Repensar e divulgar a memoria histórica

Repensar e divulgar a memoria histórica
18 de Setembro, 2024 - 09:04 h. | Publicada por Radiofusión

Repensar e divulgar a memoria histórica democrática. Ese é o obxectivo dunhas xornadas que comezan esta tarde na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. O pedagogo Narciso de Gabriel participará no evento no que tamén se proxectará a película “O mestre que prometeu o mar”. Na Segunda República a escola tiña moita importancia para a xente, segundo salienta o profesor universitario. 

Fotografia Xan Xe

As sete desta tarde vaise proxectar de balde 'El maestro que prometió el mar' (Patricia Font, 2023). Este filme, que contou con 5 nominacións aos premios Goya, relata a historia real do mestre tarraconense Antoni Beneiges, fusilado na provincia de Burgos en 1936. Chegamos ata el a través do avó de Ariadna, un antigo alumno do dito mestre. Mañá, tamén ás sete  terá lugar un coloquio para comentar a película e repensar como divulgar a memoria histórica. Nel participarán Paula Carballeira (autora do libro 'As alumnas', premiado co Premio Nacional de Teatro 2023), Narciso de Gabriel (especialista na represión do maxisterio) e Coral Piñeiro (cineasta e membro de asociación Memoria e Cinema). Moderará o debate Roque Sanfiz (Grupo Histagra-USC), o cal será aberto a calquera persoa que queira participar. Esta actividade está organizada pola Facultade de Xeografía e Historia, no marco das Axudas destinadas ao desenvolvemento de actividades culturais e académicas na Facultade de Xeografía e Historia no exercicio 2024. Colaboran a cooperativa Mazarelos, o grupo de investigación Histagra e a asociación Memoria e Cinema.

 

Imaxe Narciso de Gabriel en Radio Fene

Fotografía Xan Xe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora