Representación alemana na Festa do Polbo do Carballiño

Representación alemana na Festa do Polbo do Carballiño

04 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O polbo do Carballiño deu orixe á celebración dunha das festas gastronómicas máis multitudinarias e características de Galicia: a Festa do Polbo. Este domingo, 8 de agosto celébrase a 48 edición desta cita gastronómica que goza do privilexio de ser considerada desde 1969 Festa de Interese Turístico. A celebración reúne cada ano a milleiros de persoas. Nesta ocasión o evento adícase ao mosterio de Oseira (San Cr

O vencellamento deste producto do mar cunha vila do interior data do século XIII, cando os monxes de Oseira, cobraban os seus diezmos en polbo aos feligreses do porto de Marín. As primeiras feiras que se celebraron no Carballiño tiveron lugar en terreos propiedade do Mosteiro de Oseira.

Desde entón a tradición do polbo carballiñés traspasa fronteiras, sendo o máis recoñecido de Galicia. A degustación levarase a cabo nun recinto oficial para 1500 persoas no parque municipal. Repartiranse entre 20 e 30 toneladas deste cefalópodo acompañado dun bo viño tinto do Ribeiro e pan de Cea.

O cónsul de Dusseldorf e varios concelleiros de Oberhausen, cidade na que está o acuario onde reside o polbo Paul, famoso polos seus vaticinios sobre o mundial de fútbol, confirmaron a súa presenza na festa. «vai ser un verdadeiro reto, sobre todo tendo en conta ou magnífico trato recibido durante a nosa visita á cidade de Oberhausen» declarou Montes.

Este domingo 8 de agosto a cita de exaltación do polbo compartirá protagonismo co Mosterio de Oseira e a súa historia.

Sociedade