ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Este xoves emitiremos ás 11 da mañá o enfrontamento entre os Institutos de Almenar en Lleida e Pinto en Madrid. O venres ás 10 da mañá poderáse escoitar a semifinal do concurso entre os Institutos de Fene en Galicia e Rute en Andalucía. As 11 da mañá do mesmo día escoitaremos a final entre os equipos gañadores das dúas semifinais.

O concurso “Onda Ods o futuro é teu” é un programa sobre o quecemento global, cambio climático e crecemento sostible. O formato é un concurso entre equipos de Institutos de Ensino Secundario de todo o estado. Xa se celebraron distintas probas eliminatorias e agora chega o momento das semifinais e da final. Entre os clasificados figura o Instituto de Ensino Secundario de Fene. O certame forma parte da iniciativa Onda Ods impulsada polas Emisoras Municipais Galegas, Emisoras Municipales de Andalucia, RTV Cardedeu-La Xarxa de Catalunya e a Rede de Medios Comunitarios. Conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
O programa pódese escoitar na túa radio local e a través da web en www.radiofusion.gal
Publica o teu comentario agora