ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Vilalba, en colaboración co Club Natación PortaMiñá de Lugo, programou unha xornada de adestramento e demostración de natación sincronizada para a mañá do vindeiro sábado 16 de xaneiro na piscina municipal da capital da chaira. Con esta actividade, desde a concellería de deportes da vila luguesa preténdese promocionar entre a xuventude un deporte no que España é actualmente unha das potencias mundiais.
Nesta xornada participarán nadadoras e adestradoras do club PortaMiñá, que amosarán aos que se acheguen pola piscina vilalbesa as claves para comprender esta actividade deportiva. Pero ademais das deportistas lucenses, esta iniciativa tamén contará cunha das responsables do Club Natación Granollers, que ten a tres integrantes da selección española nas súas filas. Amalia Vega relatará a súa experiencia dentro dun dos tres mellores equipos da sincro española.
Pero esta actividade non é so para que todos aqueles que estean interesados poidan ollar o desenrolo dunha xornada de adestramentos desta disciplina deportiva, senón que aquelas nenas vilalbesas que desexen participar tamén poderán facelo. Os únicos requisitos que deben cumprir son ter un mínimo de seis anos de idade e saber nadar.
Para poder participar deberán pórse en contacto coa oficina do club no teléfono 655 870 884. Os horarios serán de 10 a 11 da mañá o primeiro grupo da escola, nivel básico; de 11 a 12 o segundo e terceiro grupo da escola, nivel medio e, por último, de 12 a 13.30 o equipo de Nivel I de competición.