ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A concelleira de Muller, María López, fai un chamamento a toda a cidadanía de Ferrol para que mostre mañá, ás 11,30 horas, a súa repulsa á violencia machista. O rexeitamento a esta lacra social simbolizarase coa plantación dunha rosa por cada vítima rexistrada no último mes na Pérgola do recordo, da solidariedade e da esperanza, ubicada nos xardíns de San Francisco.
O acto acordado coas Asociacións de Mulleres, inciouse en xuño e repítese cada último venres de mes sempre e cando se produzan vítimas de malos tratos nese tempo. Nesta ocasión serán cinco as rosas. Unha por cada muller asasinada neste tempo. Ademais, como vén sendo costume, celebrarase o acto institucional fronte ao pazo municipal ás 12 do mediodía.
María López incidiu na necesidade de seguir avanzando na loita contra esta problemática social. “Unha lacra cada vez maior a pesar do incremento de medidas tomadas para evitar estas mortes que afectan ao conxunto da sociedade, destruíndo numerosas familias”, subliñou.