ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Sobe Ciudadanos e caen PP, PSOE e Podemos. Así é a intención de voto para as vindeiras eleccións xerais segundo O Mirante de outubro, o informe realizado polo experto demoscópico Carlos Neira, para a Asociación de Medios en Galego e que analiza desta volta as enquisas feitas tras as eleccións en Cataluña. Os bos result
Esta que reproducimos é a análise polo miúdo de Carlos Neira que acompaña O Mirante de outubro:
Tralas eleccións catalás publicáronse catro enquisas e unha estimación de gabinete sobre as eleccións xerais do mes de decembro. Salvo o desvío pro-PP da enquisa de NC Report/La Razón a tendencia é clara en todas elas: subida de Ciudadanos a custa das outras tres grandes forzas. Este crecemento demoscópico responde tanto a un efecto contaxio dos bos resultados dos de Albert Rivera en Catalunya como ás correccións que tras cada elección realizan os institutos que elaboran as enquisas.
Para o PP esta é a primeira caída desde o verán, anque se trata só de tres décimas. Para o PSOE é o primeiro retroceso desde abril, cando era patente o pinchazo de Podemos e o ascenso de Ciudadanos (o real, e non o adiantado polos medios do grupo PRISA). Con todo, o paso atrás é só dunha décima, e en rigor no seu caso só cabe falar de estabilidade demoscópica desde o verán.
Podemos continúa a súa contracción constante desde a primavera, con apenas un pequeno rexurdir puntual previo ás eleccións municipais. Este mes déixase medio punto, o que significa que Podemos se sitúa ao mesmo nivel que inmediatamente despois das europeas do ano pasado.
Por detrás IU volve a repuntar lixeiramente, aproximándose do 5% do voto válido, volvendo a pór de manifesto que as súas subas, anque modestas, coinciden cos retrocesos de Podemos. UPyD volve a apuntar cara o cero porcentual, tamén en consonancia coa recuperación de Ciudadanos. De todas formas os de Díez e Herzog hai meses que están fóra do Congreso e a súa única virtualidade política será unha absorción ou un aval a Ciudadanos.
As eleccións catalás supoñen a aparición das CUP na escena estatal. As enquisas publicadas amosan que terían posibilidades de obter representación no Congreso se deciden concorrerás xerais.
No bloque do Junts pel Si semella que CDC sae fortalecida en relación a Esquerra. En Euskadi todo segue igual que o mes pasado, co PNV por diante de Bildu. As maiores novidades electorais lévanse producindo na veciña Navarra, onde Geroa Bai obtería un representante.
En Galicia e Canarias as enquisas estatais tamén seguen devolvendo os mesmos números que en meses anteriores. Nunca se dirán veces abondas que para todos os partidos non estatais a representatividade das mostras e as estimacións resultantes baixan moitos enteiros en credibilidade.