ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Reserva da Biosfera Área de Allariz, integrada polos concellos de A Bola, Allariz, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos, participa nun novo proxecto estatal cuxo obxectivo pasa por implicar a empresarios e comerciantes para a creación dunha marca de calidade baixo a cal se oferten paquetes turísticos ó mesmo tempo que se dinamice o medio rural.
Bernardo Varela, coordinador da Reserva da Biosfera Área de Allariz e membro do consello estatal de xestores de Reservas da Biosfera participa na elaboración dun manual que se remitirá ós representantes das distintas Reservas estatais co fin de crear paquetes turísticos específicos que se adapten á oferta e potencialidades de cada territorio.
A Reserva da Biosfera Área de Allariz, pola súa parte, elabora un estudo sobre a actividade económica dos catro concellos compoñentes, que servirá para coñecer e ofertar, coa colaboración de empresarios, comerciantes, establecementos hostaleiros e produtores artesáns, un paquete turístico que contribúa á dinamización do medio rural, ofrecendo un destino de calidade.