As Reservas da Biosfera Área de Allariz e o Alto Bernesga de León presentan un programa conxunto contra a despoboación rural

As Reservas da Biosfera Área de Allariz e o Alto Bernesga de León presentan un programa conxunto contra a despoboación rural

13 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Os catro concellos que integran a Reserva da Biosfera Área de Allariz reuníronse hoxe cos responsables municipais da Reserva da Biosfera Alto Bernesga (León) para presentar o programa conxunto de loita contra a despoboación a través da inserción socio-laboral das mulleres rurais. A Fundación Biodiversidad vén de aprobar este proxecto e ambas Reservas da Biosfe

Mellorar a cualificación e formación específica das mulleres, impulsar o aproveitamento dos recursos endóxenos locais, aumentar a implicación da poboación feminina son tamén algún dos obxectivos específicos que persegue este proxecto, que dende hoxe comezará a desenvolverse.

Despois dun diagnóstico previo no que se analizará a situación xeral do medio rural e dunha análise profundo da situación da muller nas devanditas reservas definiranse as liñas de acción máis adecuadas capaces de reverter a situación a medio prazo.

Sociedade