Responsabilidade colectiva

Responsabilidade colectiva
25 de Novembro, 2024 - 02:27 h. | Publicada por Radio Fene

25 de novembro. Dia contra a Violencia Machista. Catro galegas asasinadas no que vai de ano. Moitas máis con medidas de protección porque teñen a súa vida e saúde en perigo porque o machismo segue presente na nosa sociedade. Contra o machismo, o Concello de Fene alza a súa voz.

ESCOITA O PODCAST:

Non debería ser so un día, estamos fartas desta dominación sobre as mulleres”, destaca a concelleira de Benestar e Igualdade, Sandra Permui. “É unha responsabilidade colectiva”. O Concello de Fene conmemora esta data con distintas accións. “Temos un manifesto colgado na web. Colocamos bandeiras reivindicando o 25N en todas as sociedades. Instalamos unha biblioteca no noso espazo Sementando Igualdade e apoiamos a conmemoración comarcal da Marcha Mundial das Mulleres que se celebra pola tarde en Fene”, resume a concelleira.



 

Institucional

Publica o teu comentario agora