Resultado inxusto

Resultado inxusto
09 de Decembro, 2022 - 11:12 h. | Publicada por Radio Fene

"Tres puntos máis que axudan pero o resultado foi inxusto no noso peor partido de toda a tempada e o Maniños mereceu máis" indica o adestrador do Barallobre Miguel Carballeira. O adestrador recoñece que o equipo do Ramo sufriu, con moitos erros e imprecisións. Os xogadores do equipo visitante mereceron máis, para o preparador do Barallobre Miguel Carballeira. Os dous equipos levaron preparado o encontro e había moita ilusión. O partido foi emocionante para o míster do Maniños B Michel Rodríguez. Na Segunda Galicia de fútbol, Barallobre 1 - 0 Maniños B. Partido xogado na tarde de onte no campo do Ramo. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Goleada de escándalo
Tamén na Segunda Galicia, Estrella 1 - 11 Perlío. Unha goleada de escándalo. Marcador inapelable. O técnico do Perlío Gonzalo Beceiro recoñece que o resultado foi algo excesivo. 
Na Primeira Galicia, o Maniños tropezou diante do Miño. O equipo do Pote controlou o partido pero o resultado non favoreceu. Defensivamente apenas sufrimos, indica o adestrador do Maniños Pablo Mesa. Maniños 0 - 1 Miño. O Maniños visita na próxima xornada, o domingo, ao líder da categoría o Clube do Mar de Caión.

Fotografía Xan Xe

 

Deportes

Publica o teu comentario agora