Resultados adversos para os equipos de Fene na Primeira autonómica

Resultados adversos para os equipos de Fene na Primeira autonómica

09 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

O novo adestrador do Perlío, Juan Fernández, non deu o revulsivo que buscaban para o equipo pero a verdade é que os efectivos son escasos, á vista das baixas acumuladas. O Maniños pasa unha mala racha e de novo non puido en Elviña. O Barallobre déu a campanada facéndo tres goles e tres puntos no encontro do X Cabanas.

Perlío 0- Victoria 3

Mal resultado para o Perlío que caeu por 0-3 nos Pinares fronte ao Victoria. O adestrador, Juan Fernández, non deu tornado o xogo do equipo aínda que o ten difícil polas baixas que sofren nos ultimos partidos. No minuto 12 do encontro recibiron o segundo gol do Victoria, que caéu coma unha lousa nos Pinares, segundo declarou Juan Fernández.

Imperator 4- Cultural Maniños 2

O cultural Maniños volveu da Coruña con 0 puntos ao perder frente ao Imperator por 4-2. Nesy Otero declaraba esta mañá que o Maniños entrou ben no encontro, mesmo adiantándose, pero non poideron nin co campo nin co rival.

Sociedade deportiva Barallobre 3- X. de Cabanas 0

Cosólanos, na Terceira autonómica, o Barallobre que acadou un 3-0 na casa, fronte ao Xuventude de Cabanas.

Sociedade