ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O grupo de voluntarios inscritos no programa do Concello de Ordes “Voluntariado Verde”, recolleron onte pola mañá máis de 200 kg de basura na limpeza de parte do río Mercurín. Concretamente tratouse da limpeza do tramo urbano do río, na que se encontraron dende matrículas e outros aparellos de automóbiles, patinetes, xoguetes, vidro, ferralla e demais tipos de residuos.
Na iniciativa, enmarcada dentro da IV Limpeza Simultánea de ríos promovida por Adega, participaron un total de sete voluntarios, entre eles o concelleiro de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible do Concello de Ordes, José Luis Gómez Candal.
Esta foi a primeira das actividades que se levou a cabo a través do programa Voluntariado Verde que puxo en marcha o Concello por terceiro ano consecutivo.
Dende o departamento municipal de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible, o edil José Luis Gómez Candal, anima a todos os veciños e veciñas a que formen parte deste programa de voluntariado para o que o único requisito é ter máis de 14 anos. Os menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus pais ou titores.
Os interesados en formar parte do Voluntariado Verde poderán recibir máis información no Concello, chamando ao 981680002 ou a través dos perfís de facebook “Voluntariado Verde Ordes” e “Medio Ambiente Ordes”.