ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un choque fortuito provocou a lesión do xogador do Maniños B Juan Luis Martinez Piñeiro. Tivo que ser retirado do campo do Pote en padiola e nunha ambulancia que o trasladou ao Hospital Xeral de Caranza en Ferrol. Alí fixéronlle unha radiografía e lle deron a alta en espera dunha resonancia que lle realizarán o vindeiro luns.

O incidente tivo lugar no minuto 13 do partido da Terceira Futgal entre o Maniños B e o Xuventude de Cabanas. O encontro comezou ás 12,30 da mañá de onte domingo no campo do Pote. Tras o choque cun xogador do Cabanas, Juanlu sentiu que “se lle fora o xeonllo” segundo explicou o adestrador do Maniños B Manel López. Co xogo parado, houbo que agardar perto de 40 minutos pola chegada da ambulancia. Técnicos, xogadores e afeizoados tiveron que amparar con paraugas ao xogador que permanecía deitado no terreo de xogo. “Primeiro chamamos ao teléfono que nos da a federación para estes casos, pero logo tivemos que chamar ao 112. Parécenos moito tempo para agardar na situación na que estábamos, pero os médicos aconsellan neses casos non mover ao xogador” indica o técnico.
A lesión marcou o desenvolvemento posterior do partido que finalizou cun tanteo de 0-2 a favor do equipo visitante.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora