Reto para as familias

Reto para as familias
24 de Maio, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Menores e tecnoloxía. O gran reto das familias”. Familias de Fene, Neda e Mugardos están convidadas á sesión que organizan os Servizos Sociais dentro do programa Máis que un Teito. María Xosé Paz, pedagoga do Concello de Fene, deunos un avance dos temas que se tratarán na sesión.

ESCOITA O PODCAST:

“As tecnoloxías están con nós, o importante é saber utilizalas e adicarlles o tempo necesario, pero non máis”, apunta María Xosé. “Falarase sobre as idades de inicio, as normas e límites no uso do primeiro móbil, a xestión do tempo porque as tecnoloxías atrapan e moitas veces non somos conscientes do tempo, tamén se falará dos riscos”. Un auténtico reto para as familias para a sesión que dirixirá a pedagoga Anabel Mosquera. A cita é ás seis e media, na Casa da Cultura de Fene. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora