Retrasada polo temporal a saída da plataforma eólica

Retrasada polo temporal a saída da plataforma eólica
25 de Setembro, 2020 - 12:58 h. | Publicada por Radio Fene

O temporal no Golfo de Bizcaia fixo retrasar a partida da primeira plataforma flotante do Programa Kincardine. Segundo informa Navantia, dependendo do prognóstico meterolóxico e se o temporal amaina, tense previsto a saida do barco para á unha e media do mediodia do domingo. Pero podería tamén retrasarse para os comezos da vindeira semana.

Plataformas eólicas e barco Fjord

A primeira plataforma flotante do Programa Kincardine sairá con destino a Rotterdam. O buque para cargas especiais Fjord permanece atracado nun dos peiraos da antiga Astano. Estaba prevista a súa saida nesta xornada. O programa Kincardine, adxudicado á UTE Navantia-Windar, inclúe a construción de cinco plataformas de eólica mariña flotante. Windar ocúpase da fabricación das semicolumnas e Navantia, do ensamblaxe das columnas, a montaxe das plataformas e a entrega. A maior parte dos traballos encargados a Navantia están a realizarse no estaleiro de Fene. En Puerto Real está a colaborarse coa cuarta plataforma, en concreto coa montaxe dunha das columnas e o ensamblado final da plataforma. A primeira delas ia sair nesta xornada pero o transporte ven de retrasarse en principio para o domingo, sempre dependendo da evolución do tempo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora