ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Comeza o III Artabrian Weekend que xuntará en Ferrol máis de 300 participantes de toda España e Europa. Alí estará Cáprica, a tenda de Fene especializada en xogos e banda deseñada segundo anunciou o seu propietario, Juanma Sánchez.

Cáprica terá presenza no Pazo do Monte o sábado e o domingo. Eses días traslada alí todos os seus torneos, pero a tenda da rúa Doutor Francisco Malvar tamén estará aberta ao público o sábado. O Artabrian Weekend é un encontro especializado en xogos de cartas coleccionables. Celébrase do 20 ao 22 de marzo. “Esperemos que vaia moita xente, é un evento de portas abertas, tamén haberá polbeiras”, animou Juanma a achegarse esta fin de semana a dar unha volta polo evento.
Juanma Sánchez presentou esta semana en Radio Fene dous xogos de mesa indicados para toda a familia. “Trío” é un xogo de cartas moi divertido e sinxelo de aprender, para partidas rápidas e emocionantes. Estratexia e diversión noutro xogo moi sinxelo que leva once anos triunfando, chámase “Karuba”. Neste caso, cada xogador dispón dun taboleiro no que debe trazar un camiño, a modo de puzzle, que deben percorrer catro exploradores para acadar unhas pedras preciosas.
Publica o teu comentario agora