ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Orgullo do club, dos técnicos e da afección pola xesta do Cultural Maniños feminino na copa provincial que se levou finalmente o Caranza nos penaltis.
O Cultural Maniños feminino chegou á final da Copa Deputación celebrada o domingo nos campos do Galicia de Caranza en Ferrol. Houbo que dirimir o campionato a penaltis porque os dous equipos, Galicia de Caranza e Cultural Maniños chegaron á final cun empate a dous. E como se sabe, os penaltis son unha lotería que lle tocou ás ferrolás. Técnicos, club e afección non caben de orgullo por este equipo que nos leva a soñar. Agora o Maniños feminino ten unha nova oportunidade o domingo 2 de xuño, na volta da Copa da Ría que disputan de novo coas eternas rivais do Caranza no campo do Pote. As ferrolás levan vantaxe porque na ida o resultado foi de Galicia de Caranza 3- Cultural Maniños 1. Pero todo está aberto.
Mañá empezan as xogadoras do Maniños a preparar o encontro que se disputará no campo do Pote. Onte e hoxe hai descanso porque as xogadoras quedaron rotas da triple competición do Provincial na mañá do pasado domingo. Acabaron con calambres e un agotamento que as ten doloridas desde aquela.
O formato era novo pero bonito de xogar.
O Maniños pasou os cuartos vencendo ao Victoria D de Santiago, sendo moi superiores e vencendo por 2-0. O seguinte paso foi durísimo, fronte ao Victoria C da Coruña, porque eran rapidísimas e a porteira espectacular. Despopis dunha primeira parte máis igualada, na segunda o Maniños fixo un partidazo, sufrindo pero remontando. O sacrificoo deixounas agotadas para afrontar a final contra o Caranza. Chegaron ao descanso con empate a uns. Na segunda parte adiantouse o Caranza cun gol olímpico pero empataron as rapazas do Maniños, acabando o encontro en 2-2. O Maniños tivo a victoria na man cun pau de Rebe que non entrou. Así que houbo que dirimir nos penaltis. Aí o Caranza tivo máis sorte e fíxose co campionato provincial.
Carlos Gómez pensa xa no próximo domingo. Maniños. G. de Caranza, volta de semifinais da Copa da Ría, no campo do Pote. Do outro lado estárán o Capela- Rosalía dirimindo quen será o outro equipo que pase á final.
(Na imaxe xogadoras do Maniños. Gala do deporte. Sillobre-Fene 2019)
Publica o teu comentario agora