Revisión do valor catastral dos inmobles

Revisión do valor catastral dos inmobles

25 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O goberno de Boiro, a iniciativa do Alcalde, Xosé Deira Triñanes, leva hoxe ao pleno da corporación a aprobación da solicitude de inicio do proceso de revisión catastral do Imposto de Bens Inmobles (IBI), co obxectivo de axeitar o valor catastral dos mesmos á baixada de prezos que, nos últimos tempos, se ven rexistrando no mercado. O obxectivo é que os boirenses paguen menos por este imposto, dado que o valor das súas propiedades tamén &e

Nestes últimos anos houbo un importante auxe do sector da construción, e cando se fixo a última revisión catastral, no ano 2008, este atopábase no seu punto máis álxido, polo que o prezo de mercado dos bens inmobles era elevado. Con carácter xeral, a valoración catastral de cada propiedade é un 40% menor ao prezo de mercado, pero na actualidade, ao mudar completamente a situación dos sector da construción, atopámonos con que en Boiro, sobre todo no casco urbano, hai moitos edificios cunha valoración catastral do 100% do valor de mercado. Cabe lembrar que a valoración catastral e a ponencia de valores é competencia do Ministerio de Economía e Facenda; de aí que o Concello teña que seguir a tramitación oportuna para lograr que o Ministerio execute esta medida. Normalmente, as revisións catastrais fainas, de oficio, o  Ministerio de Economía e Facenda cada 10 anos. Pero o Concello de Boiro considera que os veciños de Boiro, na actualidade, deben poder ver reducido este imposto, dado que o valor das súas propiedades tamén é menor. 

Boiro ten o tipo impositivo máis baixo que permite a lei 


A pretensión do goberno de Boiro ao iniciar este proceso, que se tramitará diante do Catastro da Coruña, é, en definitiva, que a redución do valor catastral repercuta nunha baixada do IBI dos recibos dos contribuíntes, xa que a opción de rebaixar o tipo impositivo que se aplica ao valor catastral de cada inmoble (e que fixa o Concello de Boiro) non é factible, pois xa é o mínimo que permite a lei: o 0,4%.

Sociedade