A revista Arraianos pecha un ciclo reflexionando sobre as fronteiras

A revista Arraianos pecha un ciclo reflexionando sobre as fronteiras

19 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A revista Arraianos, dirixida por Aser Álvarez, coordinada por Suso Díaz, e promovida pola Asociación Arraianos, vén de sacar á luz, da man de Alvarellos Editora, un novo monográfico. Trátase do número VIII, titulado “Vivir na raia” e que, segundo comentou en Radiofusión o propio Álvarez, “pecha un ciclo da publicación”. Nesta edición, de case 200 páxinas, part

Entre os colaboradores do número VIII de Arraianos figuran: Xosé Luís Méndez Ferrín, Santiago Lamas, Fermín Bouza, Álvaro Negro, Juan J. Moralejo, Baldo Ramos, Xavier Cordal, Franck Meyer, Mercedes Queixas, Miguel Dantas da Gama, Xulio Ríos, Samuel Solleiro, Alberto Lema, Nuria Araúxo ou Xerardo Pereiro. Poetas, narradores, ilustradores, antropólogos, etnógrafos, xestores do territorio... Todos eles abren unha fiestra á reflexión sobre o fenómeno das fronteiras.

Segundo os responsables da publicación, neste número fálase “de barreiras, bordes, límites e fronteiras, pero tamén cruzamos pasos, pontes e poldrados. Percorremos a nosa raia e viaxamos ata outras raias afastadas deste mundo supostamente sen fronteiras”.

“Vivir na raia” alude tamén ás fronteiras políticas, que “nunca foron nin serán liñas divisorias trazadas sobre os mapas, senón raias, espazos porosos e permeables, onde non teñen cabida as barreiras artificiais que cada día ignoran as aguias, os garraos e os lobos arraianos”, segundo afirman desde a editorial.

Cultura