ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A directiva da Sociedade Agarimo de Sillobre Eva Fraga anuncia a presentación do grupo de música tradicional da entidade. O acto comezará ás nove da noite deste venres vinteoito de xuño. O grupo xa existiu hai anos pero agora revive, recuperando a memoria da sociedade. Empezaron en 2015 con gaitas. Despois do paréntese da covid, retomaron a iniciativa e agora preséntanse en público.
José Sardiña falou en Radio Fene das sensacións de relaxación e felicidade tras aprender a tocar un instrumento. Son trece integrantes contando coa dirección dos profesores Miguel Doval e Uxia Doval. Forman o grupo de Agarimo, gaitas, pandeiretas, tixola, cunchas, bombo, tambor, triángulo e acordeón.
Publica o teu comentario agora