ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Intelixencia Artificial e computación cuántica son retos nos que investiga Google. Do resultado que dean pode derivarse unha nova revolución tecnolóxica con aplicacións, por exemplo no terreo da Medicina, segundo apuntou Iago Varela no espazo Cultura Tecno de Radio Fene.
“Google naceu coa idea de organizar o caos que era internet e conseguiu facelo dunha maneira nunca antes vista”, sinalou Iago Varela. Google, a multinacional da tecnoloxía, que se estende por todo o mundo, naceu hai 26 anos nun garaxe de California, froito do traballo de dous estudantes de informática. So seis anos despois a empresa xa cotizaba en Bolsa. Hoxe Google está presente de moitas maneiras nas nosas vidas, a través do buscador de internet, pero tamén de Gmail, Youtube, Google Maps ou Android, por mencionar so algunhas das ferramentas das que nos valemos a diario. Android, por exemplo, supuxo “unha peza clave na popularización dos smartphones, máis do 80% dos teléfonos que se venden no mundo teñen este sistema operativo”. O respecto da privacidade e as prácticas monopolísticas son os dous reproches que se lle fan usualmente a esta gran empresa que revolucionou o acceso á información, a maneira de traballar e tamén o noso ocio.
Publica o teu comentario agora