ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará mañá martes, día 31, a terceira conferencia do “Ciclo Construtivismo” sobre a arte da Revolución Soviética, que este ano celebra o seu centenario. A charla versará sobre “Crear unha linguaxe: Revolución e cine” e estará impartida polo catedrático de Historia do Cine da Universidade de Santiago e académico da sección de Artes da Imaxe da Real
Segundo explica o profesor Hueso, unha das primeiras consecuencias da Revolución Soviética foi o desexo de crear unha nova sociedade, e nese esfozo o cine adquiriu unha especial importancia como “vehículo de comunicación e adoutrinamento da poboación”.
O catedrático expón que no período que vai de 1917 ata 1929 o cine acumula unha serie de aportacións singulares a fin de crear “unha linguaxe nova que impacte nos espectadores”, e nese traballo fusionan os vangardistas o seu anhelo de reiterpretar a imagen e as reflexións sobre o sentido que debe ter o cine no marco da revolución. “As contribucións de homes como Vertov, Kulechov, Eisenstein ou Pudovkin alcanzaron un relieve que vai máis alá do que supuxo aquel momento de transformación. Incorporáronse á historia mundial do cine” –destaca–.