Revolver e Violadores del verso abren as festas de verán en Ferrol

Revolver e Violadores del verso abren as festas de verán en Ferrol

28 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Revolver e Violadores del verso abrirán o cartel das festas de vran de Ferrol. Foron os dous grupos máis votados polos cidadáns a través do correo electrónico aberto polo concello para recibir as votacións. Foron milleiros de votos os recibidos, segundo a concelleira Beatriz Sestayo.  A semana grande das festas será do 21 ao 31 de agosto e custarán arredor de 300.000 €. O pregoeiro é unha incógnita de mome

A resultas da consulta popular actuarán, unha maneira máis de participación cidadá, actuarán por ser os máis votados, Revolver e Violadores del verso. Seguiránlles, Melendi, Nena Daconte, Vetusta Morla, Fuxan os ventos e Som do Galpom.

Pero ademais, e froito das suxerencias dos maiores que exerceron o voto por outros métidos nos que non entraron as novas tecnoloxías, amenizará a verbena popular a orquestra Olimpus, realizarase un festival de rondallas. Tamén os grupos locais terán o seu lugar no programa destas festas do 2009. Os máis pequenos disfrutarán cada día a ultima hora da tarde de diferentes actividades de rua pensadas para eles.

O dia 31 pecharánse as festas cos tradicionais fogos do marqués de Amboaxe.

 

Sociedade