A rexa viuva de Castelao

A rexa viuva de Castelao
23 de Decembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Estrada

Virxinia Pereira foi unha muller que permaneceu rexa durante o tempo en que padeceu os rigores do exilio coa mesma intensidade que Castelao. Puxo por riba de todo a defensa dos valores galeguistas, republicanos e antifascistas que pode que lle transmitise el, pero que ela asumiu coma propios e defendeu ata o final da súa vida.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe

Durante o tempo que durou a enfermidade de Castelao, Virxinia apenas durmiu máis dun par de horas seguidas na mesma noite: “Era un constante desvelo… Un deitarse un pouco e de seguida erguerse… unha malísima puntualidade no administrarlle as medicinas, no poñerlle as inxeccións, no darlle os alimentos, no arranxarlle o leito e as almofadas para lle procurar posturas de sosego e alivio. (...) Todas as amigas ofrecíanlle relevala, quedar algunha noite para que ela puidese descansar, pero era inútil. Tamén rexeitou a oferta para que contratase unha enfermeira. Estivo abeirada á súa cama en todo momento”. A narración da agonía de Castelao é un dos fragmentos máis emotivos do libro de Montse Fajardo “A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira”.

Cultura

Publica o teu comentario agora