ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Rexurdimento foi unha revista publicada en Betanzos pola Irmandade da Fala en 1922. Dirixida por Salvador Mosteiro tiña periodicidade quincenal. Na noite do 16 ao 17 de agosto deste 2019 tamén o globo de Betanzos viviu un certo rexurdimento. Despois do incidente do ano pasado -un incendio dun cuarterón impediu que subira ao ceo o globo- este ano o aerostato de papel máis grande do mundo volveu surcar os ceos.
O primeiro globo documentado en Betanzos data de 1814. Conservouse a tradición grazas a Claudino Pita, quen se propuxo facer o globo de papel máis grande do mundo. E conseguiuno, 25 metros de altura e 50 de circunferencia. Hoxe en día, a familia Pita continua encargandose da elaboración e do lanzamento do globo.
Publica o teu comentario agora