ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A vindeira semana celebranse no Concello de Fene as I Xornadas Ambientais de portas abertas a ferrolterra para comemorar o Dia Mundial do Medioambiente. Desenvolveranse entre a Casa da Cultura e o Círculo de Perlío, dende o luns dia 1 ao venres dia 5 de xuño
Tratase dun foro de debate para abordar a problemática ambiental de Ferrolterra. As mesas redondas celebraranse na Casa da Cultura, baixo a coordenación do profesor Francisco Peña. O mércores ás 7 da tarde inauguraas o alcalde Iván Punetes. Nesa primeira mesa redonda, abordarase a xestión das augas e dos residuos. A segunda mesa do venres tratará sobre A ria de Ferrol, problemática ambiental e posibles solucións.
O coordenador das Xornadas é o profesor Francisco Peña Castiñeira, responsable do programa Galego de Municipios Saudables e sostibles. O resto dos dias desenvolveranse cursos de conducción económica organizados pola Axencia Enerxética da provincia da Coruña , no círculo de Perlio, o luns e martes. Nas mesmas instalacions do Círculo proxectaranse documentais de carácter ambiental para os escolares e obradoiros, tanto o xoves como o venres pola mañán en horario escolar.
Nestas I Xornadas ambientais colaboran co concello a Confraría de `pescadores de Barallobre, as empresas Aquagest, Emafesa e Recinor, e aínda a Fundación axencia enerxética provincial e a Universidade Politécnica de Madrid.