ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As pancartas e os berros contra Altri inundaron o estadio de Riazor na Coruña. Vinte mil espectadores asistiran ao partido da Segunda División de fútbol entre o Deportivo e o Cartaxena. “Altri, non”, “A terra é nosa e non da celulosa”, “A auga é nosa e non da celulosa”. foron os berros que se escoitaron nas gradas do estadio herculino. Centos de pancartas tamén clamaban a súa oposición á macrocelulosa da multinacional portuguesa.
A planta presidida por unha cheminea de 75 metros, ocupará unha parcela de 366 hectáreas en Palas de Reis e limitará coa Rede Natura. Extraerá ata 46 millóns de litros de auga ao dia ao río Ulla e expulsará trinta millóns de residuais despois de ser depurados. O pasado sábado vinte mil persoas, segundo a Policía local, participaron nunha marcha de protesta na Pobra do Caramiñal. Tamén se sumaron máis de cincocentos barcos.
Publica o teu comentario agora