ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os días 29 e 30 de abril terá lugar no Cine Teatro de Ribadeo a cuarta xornada formativa Abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local, que organiza a Concellaría da Muller. A inscrición é gratuita.
O concello de Ribadeo organiza por cuarto ano esta xornada formativa Abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local. A responsabel da área de Muller, Mari Luz Álvarez Lastra sinalou que se tenta afondar nos mecanismos que propician a violencia de xénero, sobre todo para desenvolver medidas de prevención, de sensibilización e tamén traballar no ámbito educativo. O obxectivo desta iniciativa é facilitar a formación de profesionais como os técnicos do ámbito sanitario, social, educativo, político e policial co fin de dar unha maior atención e de máis calidade ás persoas que sofren este tipo de violencia.
A concelleira da Muller convida a todas aquelas persoas que o desexen a participar, ao marxe de que sexan técnicas ou non, xa que calquera pode acudir as charlas e relatoiros. Mariluz Álvarez Lastra subliña que a matrícula é gratuita e os asistentes poderán levar un certificado acreditativo. Toda a cidadanía e as asociacións están convidadas a asistir a aquelas charlas que lles poidan resultar interesantes.
Haberá conferencias que abordan os ámbitos xudicial, sanitario e educativo, facendo fincapé na sensibilización que é un dos aspectos fundamentais para previr esta lacra social. Entre os poñentes están a presidenta da asociación Avogadas pola Igualdade ou a autora do estudo “Actitudes de xénero no profesorado e alumnado da Mariña:claves para unha escola coeducativa”. Tamén asistirán responsables de casas de acollida para mulleres maltradadas, profesores de socioloxía e respresentantes do ámbiuto sanitario.
Álvarez Lastra engadiu que se completará o programa coa proxección de curtas, coma a nominada aos Goya 'El orden de las cosas', que trata sobre a violencia de xénero ou a cinta galardoada no concurso de guións cinematográficos do Concello de Ribadeo, 'A Xenia do fútbol e a arte de Fabio'.