ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Este curso de improvisación é unha activiade mais das que organiza a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, que durante todo o ano tenta potenciar o gusto pola música e tamén pola danza clásica entre os seus alumnos, que xa se contan por centos.
A Delegación de Cultura do Concello, a Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, a Asociación Cultural Musiqueando e máis a Asociación Amadores da Música organizan o primeiro curso de improvisación, jazz e música moderna que se celebrará na vila ribadense os vindeiros días 24, 25 e 26 de xuño. Con este curso, aberto a todo o público pretendese dar a coñecer outras músicas, fuxindo daquela máis comercial e da idea extendida de que as escolas de música só se adican á música clásica. Ademais, os alumnos adquirirán coñecementos e experiencia na interpretación de jazz e outros estilos e contarán con profesores de primeiro nivel.
O profesor de vento-metal da EMMeD de Ribadeo, Rubén Solloso, foi a persoa que propuxo a celebración deste curso no que participarán o pianista Sergio Delgado, o batería Antonio Manuel Torres e máis o saxofonista José García. Os tres contan con ampla experiencia no mundo do jazz e máis da improvisación como integrantes de big-bands ou de formacións de música moderna.
A actividade terá lugar nas instalación da EMMeD de Ribadeo, na Casa do Mar (Rúa Clemente Martínez Pasarón de Ribadeo) e ten un custe de 60 euros para as alumnas e alumnos da EMMeD de Ribadeo e de 70 euros para o resto.