Ribadeo adicarálle unha rúa a Xosé Couso

Ribadeo adicarálle unha rúa a Xosé Couso

27 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O próximo 8 de abril cumprirase o 10º cabodano de José Couso. Os seus familiares e amigos seguen reclamando xustiza nun proceso que se extende no tempo e nunca dá concluído para castigar aos culpables. Por iso o sabado 6 de abril en Madrid recordaráse a Jose Couso con dous actos ao longo do día; unha concentración da embaixada dos EEUU e unha Mesa de Nais, na que se debullará o papel dos familiares na reivindicación da memoria. 

Para que a memoria de Xosé Couso siga viva, o dia 8 preséntase un libro recompilado polo catedrático en Dereito Internacional da Universidade de Lleida, Albert Galinsola. No mes de maio Ribadeo, localidade natal do pai dos Couso e onde soia veranear a familia, inaugurará unha rúa co nome de Xosé Couso.

Sociedade