Ricardo Varela (PSdeG): “Os alcaldes decídense agora en reunións secretas do PP”

Ricardo Varela (PSdeG): “Os alcaldes decídense agora en reunións secretas do PP”

23 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

“O acontecido en Láncara foi unha vulneración clara e nítida do pacto antitransfuguismo, malia que Núñez Feijóo o interpreta segundo o seu interese”, láiase o flamante secretario do PSdeG de Lugo, Ricardo Varela. Os socialistas perderon o goberno local de Láncara a mans do PP, apoiado por dous tránsfugas de Terra Galega, e outra moción de censura, desta volta argallada coa comenencia dun concelleiro díscolo do PSOE, aco

Eladio Capón, do Partido Popular, recuperou a Alcaldía do concello lucense de Láncara grazas a unha moción de censura apoiada por dous edís tránsfugas de Terra Galega, que romperan o seu acordo de goberno co até hoxe rexedor, o socialista Darío Piñeiro, quen foi relevado do cargo ao ficar en minoría. Así as cousas, Capón resultou elixido cos votos dos catro edís do seu grupo e os dous de Terra Galega, que apoiaran no 2007 unha coalición de Goberno co PSdeG. O acordo rompeu tras desbotar os socialistas cederlles o bastón de mando durante os dous últimos anos da lexislatura, como presuntamente terían pactado logo dos comicios.

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, desbotou que o acontecido en Láncara atente contra o pacto antitransfuguismo. Nunha interpretación inédita, Feijóo considerou que os edís de Terra Galega simplemente volveron ao rabaño do que saíran ao principio da lexislatura por disensións internas no seo do PP.

A de Láncara non é a única moción de censura esta semana na provincia lucense, xa que o PsdeG perderá, con toda probabilidade, outra alcaldía a favor do Partido Popular mañá sábado en Folgoso do Courel.

Institucional