Rigor profesional e calidade humana

Rigor profesional e calidade humana
10 de Novembro, 2021 - 12:15 h. | Publicada por Radio Fene

Isabel Bravo é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. En 1987 comeza a traballar como redactora en Radio Coruña Cadena Ser, a cuxo equipo segue vinculada na actualidade. Dende 1999, presenta o programa EL CORUÑÉS OPINA, agora A CORUÑA OPINA, o máis antigo da radiodifusión galega e segundo a nivel nacional. O seu rigor profesional, a calidade do seu traballo e a súa altura humana conseguiron o cariño e o respecto persoal e profesional dos medios periodísticos deste país, do que son mostras premios como o de "Somos esenciais", do Colexio de Xornalistas de Galicia, o premio UGT internacional da muller trabaladora 2004 ou o premio da Fundación Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña pola reportaxe "Máis unidos que nunca".

ESCOITA O PODCAST:
Isabel Bravo colaborou con "Os incurábeis"

Isabel Bravo colaborou desinteresadamente co podcast "Os Incurábeis".

Cándido Barral.

Sociedade

Publica o teu comentario agora