A rigorosa primavera pasada non afectará á vendima do albariño

A rigorosa primavera pasada non afectará á vendima do albariño

27 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A D.O. Rías Baixas prevé que a colleita 2013 sexa abundante e que o rendemento medio por hectárea para a variedade albariño estea arredor dos 8.000 kg por hectárea. Os informes técnicos, elaborados polo Órgano de Control e Certificación da Denominación, resaltan que o estado sanitario da uva é moi bo para a vindeira recollida do produto. As previsións de vendima apuntan a que este ano se atrasará unha semana con respecto a u

Os documentos técnicos destacan que a primavera chuviosa e fría non afectou moito sanitariamente á uva e, aínda que as choivas primaverais propiciaron o corremento en flor, este viuse compensado coa fertilidade alta. Neste sentido, o informe non destaca grandes perdas, máis ben dun 20%, senón irregulares. Tamén se manifesta no referente ás pragas: aínda que hai que seguir pendentes de posibles ataques de mildiu e oidio, así como realizar algún tratamento antibotrítico, o certo é que este ano ata o momento non houbo problemas de pragas significativos ata o momento na denominación.

Para conseguir que a uva acade a calidade desexada, tanto para os adegueiros como para os viticultores da D.O. Rías Baixas, é necesario que prosiga o bo tempo para que a uva poida rematar convintemente a fase de maduración e que se atope no estado desexado durante a vendima.

Sociedade