Rinôçérôse, Second e Mutenrohi encabezan o programa musical da Festa do Queixo de Arzúa

Rinôçérôse, Second e Mutenrohi encabezan o programa musical da Festa do Queixo de Arzúa

08 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa presentou o programa musical para a 35 edición. Os franceses Rinôçérôse e os murcianos Second actuarán o sábado 6 de marzo. O Festival Folk terá lugar o domingo 7 coas actuacións de Mutenrohi e Anxo Lorenzo. Ademais, tras o éxito do ano pasado, celebrarase a segunda edic

A Festa do Queixo, adopta un valor engadido desde a perspectiva cultural, económica, formativa e de lecer e, ademais do programa musical, irá acompañado dunha intensa programación de actividades artísticas e culturais.

Aberto o prazo de reserva para expositores

Xa está aberto o prazo de reserva para os expositores da 35ª Festa do Queixo. Todos os interesados en participar como expositor poden formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 981 500 000, extensión 35 ou, como mellora introducida este ano, enviando un correo electrónico cos seus datos a info@festadoqueixo.org co asunto “Inscrición Expositor”, antes do día 19 de febreiro. Este é un requisito imprescindible para as adxudicacións dos stands, que se outorgarán por orde de inscrición. Durante os días da feira, non se permitirá a entrada a ningún expositor que non teña feita a reserva por esta canle.

O recinto Feiral Terra do Queixo abrirá a súa entrada para os expositores inscritos o sábado 6 de marzo ás 08.00 am para acondicionamento do posto e descarga de mercadorías.

Ademais dos expositores, o recinto feiral acolle exposicións e diferentes actos relacionados coa cultura, converténdose nun espazo de intercambio que nos achega ao mundo do queixo integrando actividades dirixidas ao seu coñecemento.

 

PROGRAMA MUSICAL FESTIVAL DO QUEIXO 2010

SÁBADO 6

Final do Concurso Queixo Maquetón| Praza da Vila |18.00 h

Second | Campo da Feira | 21.30 h

Rinôçérôse | Campo da Feira | 23.30 h

Actuación gañador Queixo Maquetón| Praza da Vila |01.30 h

DOMINGO 7

Anxo Lorenzo | Praza da Vila | 19.30 h

Mutenrohi | Praza da Vila | 21.00 h

Actuación gañador Queixo Maquetón| Praza da Vila |01.30 h

Sociedade