Rinoceronte Editora convídanos a ler cos ollos pechados

Rinoceronte Editora convídanos a ler cos ollos pechados

15 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Aqueles que queiran gozar da literatura sen abrir as páxinas dun libro teñen unha nova opción: darlle ao play. Rinoceronte Editora vén de sacar ao mercado unha nova colección de audiolibros; isto é, obras locutadas en formato CD. Trátase dun soporte moi utilizado, aseguran desde a editorial, en países como Alemaña ou Holanda, onde a xente ás veces chega a pagar para asistir a audicións masivas de li

Mergullarse nunha historia mestres viaxas nun medio de transporte, ao tempo que fas as tarefas domésticas ou, simplemente, tombado na cama cos ollos pechados son algunhas das posibilidades que abren os audiolibros. Os primeiros títulos que lanza á rúa Rinoceronte son A casa de Mango Street, de Sandra Cisneros; Montedidio, de Erri Di Luca; O ano do xardineiro, de Karel Capek; O tradutor cleptómano, de Dezso Kosztolányi; Seda, de Alessandro Baricco; e Skugga-baldur, de Sjón. A lista de obras para escoitar incrementarase se a iniciativa funciona ben, segundo adiantou nos micrófonos de Radiofusión, o responsable da editorial, Moisés Barcia. 

Cultura