Riqueza natural e cultura mariñeira

Riqueza natural e cultura mariñeira
28 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro de Interpretación do Medio Mariño (CIMM) de Cabanas é o primeiro centro destas características en Galicia. Hoxe visitámolo en Onda ODS.

ESCOITA O PODCAST:

O obxectivo principal deste proxecto, promovido pola área de medio ambiente do Concello de Cabanas, é conxugar un servizo público vencellado á protección do medio mariño, para pór en valor o medio e revalorizar o ecosistema mariño, ao tempo que servirá como lugar de encontro para canalizar o coñecemento sobre o mundo do mar, a través de diversas accións museísticas, formativas e de divulgación. “O CIMM é un espazo de encontro e de transmisión de coñecemento das xentes do mar, así como tamén un lugar referencial para o coñecemento do medio mariño e aposta en valor de Cabanas como lugar de referencia para coñecer a ría”, afirma o tenente alcalde e concelleiro de medio ambiente de Cabanas, Iago Varela.

Sociedade

Publica o teu comentario agora