As risas son boas

As risas son boas

15 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“As risas son boas”. Esta frase cargada de retranca, presidirá os actos que durante o ano 2014 se celebren arredor do 30 aniversario do Museo do Humor de Fene. Un logo no que aparece o perfil dun pallaso co número trinta e ese lema desplegaranse pola programación que traerá ao museo fenés a humoristas da talla de Manuel Manquiña, Isabel Risco ou Evaristo Calvo. Exposicións de caricaturas de relevantes debuxantes galegos como

Uns actos que arrincan este domingo,  Día Internacional dos Museos, cunha xornada de portas abertas e actividades durante todo o día que rematarán ás oito da tarde coa actuación do humorista Pedro Brandariz. O Concello de Fene convidou esta mañá aos membros das sociedades culturais e veciñais, a fotografarse no photocall que mañá se estrea oficialmente no CMI Unidade de Fene, durante a entrega do Premio de Poesía Pérez Parallé. As fotos que a xente faga nel, individuais ou en grupo, publicaránse no facebook do Museo do Humor.

Monólogos e Exposicións

Os espectáculos humorísticos sucederanse dende o 6 de xuño coa presencia de Touriñán ata o 24 de novembro no que actúa Isabel Risco. Polo medio estarán Manquiña, Alberte Montes, Evaristo calvo, Compañía Veriscron e Manicómicas. Ao longo do 2014, o museo acollerá exposicións con contidos humorísticos, como a do fotógrafo Román Montesinos, no mes de xuño, ou a da pintora Carlota Cuesta que amosará, na segunda quincena de agosto e primeira de setembro, os seus “Divertimentos” (cadros realizados a partir de pezas de madeira pintadas e colocadas a modo de puzle ou origami).
O calendario de exposicións humorísticas artelladas ao redor do XXX aniversario do Museo do Humor completarase coa inauguración a finais do mes de novembro dunha exposición de caricaturas de produción propia.

 

 

Sociedade