ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
En días de calor como os que pasamos esta semana hai que beber para hidratarse. Tamén os animais. “Beber é fundamental”, lembra a veterinaria etóloga Noemí Graña que advirte do risco de deshidratación.
Algúns animais, como os gatos, non son moi dados a beber e hai que animalos a que o fagan para evitar a deshidratación. “É vital nos días de calor”, destaca Noemí Graña. “Os gatos son animais que tenden a beber pouca auga, poden ter problemas de hidratación e nos riles”. A formula para evitalo “darlles comida húmida e estimulalos a beber é importantísimo, sobre todo no verán”. Botar cubiños de xeo no bebedeiro para que xoguen con el aconsella Noemí Graña, especialmente no caso de gatos que lle teñen medo á auga. Se non están afeitos desde pequenos recelan de mollarse. “Non é so pola auga, tamén é pola manipulación durante todo o proceso”.
Comunicación dos bonobos
Tamén deu conta Noemí Graña dun recente achado sobre a complexidade da linguaxe dos bonobos. Descubriuse que se comunican entre eles con xestos e vocalizacións e son quen de cambiar a entoación para variar o significado do que din, como facemos nós. “A complexidade da linguaxe é impresionante”. Noemí animou a buscar un vídeo sobre a comunicación dos bonobos na que se observa que estes animais “teñen avanzadas formas de comunicación”.
Publica o teu comentario agora