Risotto con cogomelos shiitake e queixo de Sillobre

Risotto con cogomelos shiitake e queixo de Sillobre
27 de Outubro, 2025 - 11:41 h. | Publicada por Radio Ordes

Na Feira do Queixo de Sillobre, o chef José Manuel Loureiro preparou en directo un risotto con setas shiitake e queixo de Sillobre. Ademais de ser delicioso, o cogomelo shiitake é unha rica fonte de proteínas, vitaminas e minerais . Contén altos niveis de vitamina D, esencial para a saúde dos ósos e o sistema inmunitario.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Rui Amorim, da queixería Aromas4U de Ponte de Lima (Portugal):

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/271025AMORIM.mp3

Fotografia Xan Xe

Tamén preparou ñoquis de grelos con requeixo. Os ñoquis son pequenas porcións de pasta feitas con pataca, fariña e ovo , que se caracterizan pola súa forma redondeada e a súa textura suave e tenra. A primeira Feira do Queixo celebrouse en Sillobre (Fene) o sábado 25 de novembro de 2025. Participaron Queixería Santo André (Castroverde) Lácteos Bretón (Irixoa) Bisqato (Guitiriz) Campo Capela (A Capela) Aromas 4 U (Ponte da Lima Portugal) Gaia Gourmets (Vilar de Santos) Dona Cobina (Agolada) Lácteos de Moeche (Moeche) Queixería Pousada (Portomarín) e Distega con queixos de Zamora. 

 

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora