Rival con ideas claras

Rival con ideas claras
14 de Setembro, 2026 - 12:38 h. | Publicada por Radio Fene

“Foi máis eficaz, é xusto vencedor”. Resume o partido que acabou con vitoria local Rafael Afonso, adestrador do Perlío B, un dos protagonistas do derby co que comezou a Liga na Segunda Futgal.

ESCOITA O PODCAST:

“O resultado é claro, os rapaces esforzáronse pero atopamos un rival máis completo coas ideas máis claras”, recoñece Afonso ao comentar o partido Barallobre 3-0 Perlío B. Rafa Afonso continúa vinculado ao Perlío no que foi xogador e adestrador en distintas categorías. Do Perlío B destaca como fortaleza “o vestiario, a unión é primordial en todos os equipos, un grupo contento que reme na mesma dirección é moi importante e este grupo o ten”, asegura.  

 

Deportes

Publica o teu comentario agora