Rivalidade apoiada en valores

Rivalidade apoiada en valores
25 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pódese educar á sociedade a través do deporte. “A rivalidade apoiada en valores como o respecto pode axudarnos a mellorar”. En contra do que opinan algúns, valores como a competición son positivos, destaca o psicólogo e adestrador físico José Barcia Tuccelli.

ESCOITA O PODCAST:

“Hai persoas que temen a competición, como se o único interesante fose a cooperación, pero a través da competición tamén podemos mellorar”, afirma Barcia Tuccelli. Podemos crecer a nivel persoal e profesional e ter impacto positivo na sociedade. “Hai exemplos do mundo do deporte que poden servir na educación”, comentou o psicólogo que fixo referencia a unha emotiva carta de Roger Federer con motivo da despedida do tenis do que foi o seu rival, Rafa Nadal.

Sociedade

Publica o teu comentario agora