Rober Bodegas, con condón en Narón

Rober Bodegas, con condón en Narón

06 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O monologuista Rober Bodegas trae a Narón o seu espectáculo “Un condón, por si pillo”. Actuará o xoves e o venres da vindeira semana, os dias 11 e 12 de marzo, no Pazo da Cultura de Narón.

¿Cada canto hai que separar a boca nun beso? ¿Cal é o dereito e o revés do condón? ¿Por que non levarán os preservativos unha marquiña ou instruccións para colocalo? ¿Por qué, cando poñen as cancións lentas, sempre hai máis mozos que mozas na pista de baile?

Rober Bodegas intenta resolver no seu espectáculo estas e outras preguntas máis comúns da adolescencia. Reflexiona sobre os traumas e inseguridades do paso de neno a home, de rapaza a muller. Bodegas plantexa outras preguntas coas que asegura as gargalladas do patio de butacas.

Sociedade