Roberto X. Hermida obtén o Premio de Poesía Pérez Parallé

Roberto X. Hermida obtén a XXXVII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé
09 de Novembro, 2024 - 08:28 h. | Publicada por Radio Fene

Roberto X. Hermida, nado en Vilagarcía de Arousa, obtivo hoxe a XXXVII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, que convoca o Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene, co apoio do Concello de Fene.

O xurado escolleu o libro de Hermida, titulado deriva de entre 66 obras presentadas a concurso este ano.

Trátase da XXXVII edición deste Premio, creado para homenaxear ao poeta fenés Xosemaría Pérez Parallé, coñecido como O Segrel do Penedo. Poeta popular, activista literario, promotor da celebración en Galicia do Día das Letras Galegas que fora instituído polas colectividades galegas do exilio.

Roberto Hermida naeu en Vilagarcía de Arousa pero medrou nas Pontes de García Rodríguez, pasou parte da súa infancia e xuventude en Herbón (Padrón) e Compostela, e despois viviu en Sarria e Lugo antes de voltar ás Pontes. É doutor en bioloxía, especializado na conservación dos morcegos e en estratexias participativas de conservación da natureza. Participou da creación de Morcegos de Galicia e da Asociación Galega de Custodia do Territorio.

Escribe desde pequeniño e teño varios relatos premiados e un libro sobre historias de morcegos (El dilema de Spallanzani) pero até o de agora non se atrevera en serio coa poesía.

O xurado deste ano estivo composto por:

Gisele Mato, gañadora do Premio Pérez Parallé en 2022 e que, dende aquela, obtivo un accésit no Francisco Añón de Outes e o Premio de poesía Lueiro Rey con Habitar as fendas (Xerais).

Ismael Ramos: profesor de literatura e poeta nado en Mazaricos, ten unha obra de grande reccoñecemento e obtivo recentemente o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández con Lixeiro.

Xabier Xil Xardón, profesor de literatura galega e poeta, nada en Xinzo de Limia, ten catro libros de poesía publicados: Cando menos a derrota, Os animais son universais porque non teñen retranca, Detéxtonos e O contaxio.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora