Robot con premio

Robot con premio
04 de Xuño, 2024 - 09:20 h. | Publicada por Radio Fene

Un xeriátrico de robots serviulle de inspiración a Diego Noguerol Feijoo para a obra coa que gañou o premio de Banda Deseñada de Humor Demo Pequeno na categoría de infantil. Este venres recibirá en Fene o primeiro premio nesta segunda edición co concurso que convocan o Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial. 

ESCOITA O PODCAST:

A Diego, de 11 anos, alumno do CEIP Rosalía de Castro da Coruña, gústalle debuxar e ler. Sorprendeulle gañar o premio e conta que fixo moitos bocetos antes da versión definitiva da obra que presentou ao certame. O xurado valorou a calidade técnica do debuxo, a limpeza no tratamento da cor, unha boa composición e un guión que acompaña coa calidade do debuxo. Ademais salientou que a historia se entende con total claridade. 

O xurado valorou a calidade técnica do debuxo, a limpeza no tratamento da cor, unha boa composición e un guión que acompaña coa calidade do debuxo. Ademais salientou que a historia se entende con total claridade.

Cultura

Publica o teu comentario agora