Rocío Brage: “Hai parellas que se levan o fotógrafo á lúa de mel”

Rocío Brage: “Hai parellas que se levan o fotógrafo á lúa de mel”

29 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O mundo da fotografias de voda está imparable, cambiou moitisimo, porque agora colle todo, a fantasía, a creación máxica, ainda que o máis real, será perdurable. "Hai noivos que se levan o fotógrafo á lúa de mel" explica a fotógrafa Rocío Brage.

Fotografia, imaxinación e creatividade casan perfectisimamente, salienta Rocío Brage. “Case todo o mundo comeza pola realización da paisaxe, pero precísase técnica para reflexala”

Moitas veces a cámara descubre o que o ollo non ve, ainda que non sustitue ao ollo, senón que é un instrumento para reproducir o que primeiro capta a vista. “Hai un montón de reglas de composición. Non se pode facer unha foto da muralla de Lugo cunha persoa no medio” indica a fotógrafa que compaxina a docencia con traballos comerciais e creativos. “Temos que almacenar ben e nomear ben as fotos para logo poder atopalas” suliña Brage.

 

Sociedade