Rocha é un dos sospeitosos

Rocha é un dos sospeitosos
01 de Outubro, 2021 - 12:39 h. | Publicada por Radio Fene

Radio Negreira comezará a vindeira semana a emisión do podcast "Os Incurábeis", un programa de "serie negra" onde se trata tamén da enfermidade mental. O policía Sánchez Pereiro investiga a morte dunha muller que aparece morta nunha rúa dos Castros na Coruña.

ESCOITA O PODCAST:
César Castro no papel de Rocha

É un dos sospeitosos de matar a Paloma. César Castro fai o papel de Rocha, o propietario do Bodegón, home alto, elegante, con certo cinismo. A súa muller marchou hai tempo e moitos sospeitan de que foi el quen a fixo desaparecer. Sería Rocha quen de cometer un asasinato? 

Cultura

Publica o teu comentario agora